Xulio Gil

Letras Galegas | Xulio Gil, o fotógrafo que puxo o foco en Xela Arias

Esta nova edición do Día das Letras galegas ten unha importancia especial para o equipo de Digipress. Estamos profundamente orgullosos de que se lle adique o día a Xela Arias, unha poeta rebelde, irreverente, libre e, dende logo, contemporánea. Aínda que a meirande parte dos seus versos foron escritos nos noventa, todos e cada un deles seguen a estar, aínda hoxe, de rabiosa actualidade. Tentou rachar coas estruturas establecidas e pelexouse contra os marcos da linguaxe que a encorsetaban. Deixóunos un legado estilístico e conceptual impagable para interpretar a vida que hoxe nos toca vivir.

Mais non só estamos ledos porque se lle dea académica e publicamente o valor que se lle viña reclamando dende hai anos, senón tamén polo papel que xogou o seu compañeiro, fotógrafo e cliente asiduo de Digipress, Xulio Gil. Xulio, fotógrafo e matemático a partes iguais, presenta esta semana dúas exposicións fotográficas acompañando aos poemas de Xela e empregando un dos papeis fotográficos máis demandados no sector: o Canson Barita Prestige. A continuación falámosvos un pouco das dúas exposicións:

Tigres coma cabalos – Xela Arias e Xulio Gil

Zona: Vigo
Inicio: 11/5/2021 · 10:00
Final: 13/6/2021 · 20:00
Prezo: Por determinar
Lugar: Museo do Mar – Vigo

A mostra recupera, 31 anos despois e en formato de exposición, unha das obras máis emblemáticas e vangardistas de Xela Arias, realizada en colaboración co fotógrafo Xulio Gil. Está estruturada en 48 paneis que recollen outras tantas fotografías de Xulio Gil e textos de Xela Arias. O traballo dos autores partiu de 24 obras individuais iniciais (24 poesías de Xela Arias e 24 fotografías de Xulio Gil). Cada un dos artistas traballou a proposta do outro ata conseguir as outras dúas ducias de creacións que completan o proxecto. Xa cando se presentou en formato libro en 1990 os autores sinalaron a independencia dos traballos fotográfico e poético na súa orixe e o proceso de intercambio creativo posterior.

Xela Arias por Xulio Gil

Xela Arias por Xulio Gil

A poesía do retrato – Xela Arias e Xulio Gil

Zona: Santiago de Compostela
Inicio: 17/5/2021 · 18:00
Prezo: De balde
Lugar: Zona C

Xela Arias, a homenaxeada no Día das Letras Galegas, non só chega a Santiago a través da exposición aberta este luns na biblioteca Ánxel Casal, senón que a partir do día 17 tamén estará presente na Zona C con «A poesía do retrato». Trátase dunha mostra que recompila unha selección de poemas da autora que dialogarán cos retratos realizados polo fotógrafo Xulio Gil nos anos 80 e 90 cando ambos era parella. Trátase de corenta fotografías en branco e negro que foron seleccionadas por Xosé Enrique Acuña entre as máis de catrocentas imaxes de Xela Arias que forman parte do arquivo persoal do fotógrafo, hoxe doado ao fillo de ambos, Darío Gil Arias. A mostra, que será inaugurada o luns, poderá visitarse ata o domingo 25 de xullo de xeito gratuíto.

 

Canson Barita Prestige, un papel que marca a diferenza

O papel Canson Infinity Baryta Prestige está composto dunha alfa-celulosa libre de ácido cunha base de papel branco de algodón cun fino recubrimento de sulfato de bario. É un papel baritado de brillo suave que evoca a aparencia estética dos papeis fotográficos tradicionais. As características do papel son verdadeiramente únicas: proporciona unha excelente duración, densidade óptica negra da mellor calidade (D- max) e unha extraordinaria nitidez de imaxe. O papel conta con boas calidades de maticidad, excelente cohesión de superficies, así como cun diferencial de brillo moi baixo entre as partes impresas e non impresas. Ofrece unha ampla gama de tons que mellora a reprodución da cor e aumenta o impacto visual. Canson® Infinity Baryta Prestige é un produto innovador para os fotógrafos e litógrafos máis esixentes, ideal tanto para as impresións en branco e negro como para imaxes en cor.